Arousa é un sitio de cine

A nosa comarca é de cine. Sempre o dixen, de feito, xa son un pouco pesada, pero é a verdá, e senón que llo dijan a Coronado –que bo mozo é– e a outros actores que andan estes días jrabando series aquí. O tema non é que me juste moito porque é o de sempre: a droja. Pero bueno a verdá é que esta foi unha zona moi castijada e xa nos coñecen moito máis polo bo que polo malo. O caso é que hai moito actoreo pola comarca. De feito, onte vin a unha rapaciña que sae en “Cuéntame”, a serie esta na que repasan  toda a historia de España. Chámase Julia, bueno na televisión, na realidade non sei como é, pero actúa moi ben e na realidade é ijualiña. Estaba paseando pola Baldosa de Vilajarsía e, segundo me comentaron as miñas fontes, estivo tomando algo nun bar e incluso díxolle a un camareiro que ía andar por aquí ata decembro. A ver se coñece ao meu neto que tamén é moi fan da serie, aínda que ultimamente anda un pouco rara, matando a personaxes como o de Juan Echanove. Non vou mentir, molestoume e aínda ando aljo enfadada. 
Por certo, non vos esquezades que hoxe pola noite é o San Xoán. Eu xa teño a ruta pensada. De primeras vou parar na praia da Concha para ir á Sardiñada Popular da asociación Zona Aberta, pero vou ir con toda a antelasión posible porque é jratis e non sei canto van durar eses 150 quilos de sardiñas. E para acabar a noite: Vilaxoán!

Arousa é un sitio de cine

Te puede interesar