Arrecende a castañas asadas

VAIA POR DIANTE QUE a min, donde estea a caloriña, que se me quite a choiva e o frío, pero esta época do outono tamén vos ten o seu aquel. Eu sempre dijo que o verán non remata ata que o carriño das castañas se pon na Praza de Galicia. Onte, aproveitando a boa temperatura que facía, fun dar unha volta polo centro e xa me arrecendían dende Rey Daviña. E co que a min me justan! Xa levei dous paquetiños para a casa e mañá aínda hei volver por máis. O certo é que, aínda que esta calor intente enjañarnos, xa temos o inverno encima. Ou non sabedes que San Simón xa está á volta da esquina? Iso si, para o Nadal aínda queda eh? Non vos deixedes enjañar polos escaparates nin polos supermercados que levan co turrón nos expositores dende finais de setembro. Un pouco máis e imos celebrar San Roque comendo turrón do blando. Nin que se nos escapase o mundo! Cada cousa ao seu tempo, que para turróns e mazapáns han sobrar días!

Arrecende a castañas asadas

Te puede interesar