O axudar nunca sobra

PARA MAÑÁ XA TEÑO PLAN. Resulta que onte cando fun á Praza de Abastos a comprar uns xureliños para á comida topeime con Xermán Torres. Si, Xermán, o que está no colexio do Piñeiriño, pero que eu coñezo sobre todo polo traballo que realiza en Cáritas aquí da Parroquial. Que bo home é este Xermán! Xa o recoñecín ao lonxe porque el, e ben que fai con este frío que chega aos ósos, semper vai elejante como un pincel co seu chapeu e a súa bufanda. Resulta que me contou que mañá na igrexa actúa a rapaza esta que é de Vilajarcía que canta coma os anxos, Laura Alonso. Seica vai dar un conserto para axudar á parroquia e aos veciños que máis o precisan e oes, toda a axuda é pouca que están aí as festas do Nadal e todo o mundo ten dereito a pasalas coma deus manda. Eu xa teño pensado ir a dar unha axudiña coa miña amiga Rosita que tamén se apunta a un bombardeo. A miña comadre esta fin de semana non anda por aquí. Vaiche de viaxe co Inserso a Valencia e non volve ata despois da Inmaculada Concepción... Alá a vai, como unha señora!

O axudar nunca sobra

Te puede interesar