Un bo padriño no EncestaRías

Os chavales que orjanisaron o EncestaRías tiveron moito ollo á hora de escoller ao padriño do torneo, ao que só lle faltou levar a rosca ao pabellón, porque estivo alí case todo o tempo para ver os partidos. A verdade é que baloncesto de primeiro nivel en Vilagarcía non se ve todos os días, polo que o alcalde, Alberto Varela, aproveitou todo o que pudo e fixo ben, porque foi todo un éxito, según di o meu neto, que destas cousas sabe moito. A miña amija Rosa contoume que o seu xenro, que foi ao pavillón, díxolle que o rapás que daba os chimpos e metía as canastas por riba das persoas e do quad de Protección Civil é o moso de Ángela Conde, unha rapaza moi simpática de Vilagarcía. Mira ti, foi coller a un chaval americano e que fai uns espectáculos grandísimos. O chaval chámase Chris Staples e todo o mundo quedou abraiado coas cousas que facía e para as que hai que estar en forma.

Un bo padriño no EncestaRías

Te puede interesar