Bob Dylan sona na casa de Gonzalo Durán

É CHEJAR A FIN DE SEMANA e non dar feito cos compromisos. O conto é que quedei fastidiada porque seica vai chover a baldes e aprazan a Foliada da Baldosa. Vaia por Dios, co que me justan a min esas cousas. Onte pola mañá non saín da casa. Estiven pejada á “jalleja” vendo o juapos e juapas que iban os novos diputados. Alí os estaban, como se foran de casamento! A rapaza esta de Cea, Marta Rodríguez, e tamén o socialista Julio Torrado. Ata elixiu a jaravata vermella a xogo cos colores do seu partido. Aí o está, inda onte era un rapaciño pequeno pejado ao xadrez e ajora éche diputado en Santiajo! Nin máis nin menos! Eu, que o conoso de toda a vida... porque é máis ou menos da idade do meu neto. E falando do meu neto, onte comentáronme que o alcalde de Vilanova, Gonzalo Durán, é moi sejidor dun tal Bob Dylan. Moito lle justa tamén a el! Eu, a verdá, sonvos máis de Ana Kiro e Juan Pardo! Ata os fun ver unha vez ao Luar! A Durán seica non lle pareseu moi ben que lle deran o Nobel de Literatura. Que home, para músico si, pero para literato como Valle-Inclán para el non hai ijual! Tíralle do aire, el varre para a casa!

Bob Dylan sona na casa de Gonzalo Durán

Te puede interesar