Cambados Vila do Albariño nos sinais da Autovía

 ÍA EU TAN ENTRETIDA NO COCHE decíndolle ao meu xenro por onde tiña que ir e que no se lle esquecera o intermitente cando levantei a cabeza e mirei unhas señales jrandes coma mundos e de cor encarnado, que sempre se levou, que anunciaban a Cambados coma Vila do Albariño. Oes, sen tempo non era! Púxenme tan nerviosa que non atinaba cos dedos para marcar o número de Mariña, unha das miñas amijas de Cambados, polo que lle pedín ao meu xenro que puxera o mans libres para falar. Despois de decirlle que frenara, que fora a modo, que non adiantara e que tivera coidado cos coches de adiante colleu Mariña. Mimá, justoulle o mundo, pero ela quería que puxera capital e non vila, porque para ela Cambados é a capital do albariño e non hai quen a saque de ahí. Cando chejei a Vilagarcía, despois de decirlle ao meu xenro por onde tiña que ir para chejar antes e o sitio onde aparcar, entereime polo paseo de que a Xunta mandou canalizar o río que pasa polo garaxe. A ver si é verdade porque hai que ver que cousas se fan.

Cambados Vila do Albariño nos sinais da Autovía

Te puede interesar