Cambio radical en O Grove

A QUE RECORDADES AO RAPAZ de O Grove, Miguel, que partisipara en Gran Hermano? Un moso ben juapo, a pena foi que non jañara. Se é que nos teñen envidia por aí aos jallejos... Ben, o conto. Pois disque se fixo unha operasión destas modernas, estéticas lle chaman, na cara e se puxo melena e todo. Menudo cambio radical! Ai, quen puidera tamén faserse uns retoquiños, que con estes anos eu si que teño bastante onde choiar no quirófano. Pero nada, escaséanme os cuartos. Antes aínda tiña un colchonsiño aljo xeitoso porque vendía bastante mel da casa, pero as velutinas estas, as avispas asiáticas, estanme acabando coas abellas. É un problema , eh? Hoxe ijual me vou ata Dena, que me dixeron que ás onse, no sentro social van falar uns apicultores sobre colocar trampas para as avispas asitáticas. A ver se dan resultado e podo remontar un pouquiño as colmenas e a produsión de mel. Ajora ben, para atallar todo o que eu me cambiaría na cara, e o que non é a cara, vou nesesitar un bo carjamento. Pero dos jordos, dos que enchen varios camións sisterna. 

Cambio radical en O Grove

Te puede interesar