Cen anos da Confraría de Cambados

Moitas tardes pasei eu por Cambados co meu Benitiño. Non sei se foi polas secas do Sarrido ou polas de Fefiñáns, pero o certo que desde ben moza tiroume aquilo de ir mariscar e janar a vida. Moito cambiaron as cousas desde entón. Antes non había ningunha orjanisasión e o marisqueo pouco menos que era libre. Aljunhas vellas botan iso de menos, pero eu sempre fun de regular a actividade e de cotizar para ter unha paja o día de mañá e ajora que son viuda, Dios teña na jloria a Benito, ben que se nota. En Cambados saben moito das cousas do mar e tomaron medidas hai moito e unha proba delo é que teñen a confraría máis antiga de España que o vindeiro 17 de xuño cumpre un século de vida. Eu xa teño o vestido elexido e pedín vez na perruquería para ir ben juapa ao acto oficial do I Centenario da Confraría de Pescadores San Antonio de Cambados. A ver si Ruperto non anda moi liado e podo saudalo e darlle un par de biquiños coma os que lle dou aos netos.

Cen anos da Confraría de Cambados

Te puede interesar