A chuvia fai andar ás carreiras aos políticos

DO VERÁN AO INVERNO NUNHA SEMANA. Non sei se é cousa do cambio climático ou que a primavera ten gañas de amolar á xente, pero non se entende que a semana pasada estivéramos abafados pola calor e estes días non hai abrijo que quite o frío. Xa o din todos os da miña quinta. Antes cando era inverno, era inverno, non coma ajora que andamos así. Este tempo ten unha cousa boa e non é outra que contribúe a que a xente faja deporte. Non sei por que onte pasei pola EDAR de Ribadumia e mirei un rebumbio de xente e resulta que era a conselleira de Medio Ambiente, alcaldes, políticos e ducias de rapaces que estaban a visitar a depuradora. Nesas, entre colector e colector, caiu unha boa e non vexas ti as carreiras que houbo para buscar un cuberto. Eu que ando en forma fun das primeiriñas, pero a conselleira non quedou atrás de tanto que buliu para non mollarse.

A chuvia fai andar ás carreiras aos políticos

Te puede interesar