O concurso de tapas no inverno en Vilagarcía

GAÑOU JULIÁN O DA PARRA o concurso de tapas que fixeron en Vilagarcía. “Solombo de porco Wellington con queixo, tomate e arándanos”, menudo nome eh! Tiña que estar bo si ou si. Probouno miña filla, que sempre vai cunhas amijas a estas historias. Encántalle. Ao parecer esto do Destapa en inverno foi unha boa idea, tiveron máis xente incluso que no verán. A unha das amijas da miña filla, a Dolores, tocoulle un dos premios que sorteaban.  Onte Julián recibiu o mandil de ouro de mans do alcalde, púxose nervioso o home e caeulle ao chan. Non pasa nada Julián, que cociñas que da justo. Aínda teño pendente ir un día a comer ao teu novo local ajora no Castro. Por certo, dixéronme que estaba moi cariñoso o alcalde onte no acto en cuestión, repartindo bicos a abrazos. Claro que si, hai que ser educado e agarimoso. Ademais...sendo tan guapiño home!
 

O concurso de tapas no inverno en Vilagarcía

Te puede interesar