DAQUELES BAÑOS VIÑERON ESTAS GRIPES

XA SEI QUE ESTOU a falar todo o tempo do tempo, “valja” a redundancia. Pero é que cando unha faise vella “cheja” a conclusión de que é mellor non meterse en “fandangos” e a cousa estache “ajora” moi “enfanganada”. E que hoxe chamoume a miña “amija” Regina, que é coa que vou sempre ás comparsas, e díxome que este ano non pode vir porque ten un trancazo coma un mundo. E claro, eu xa llo dixen o outro día, cando me dixo de ir á praia. Que aínda está o sol moi baixo, que non sexas tolas, que vas coller un catarro... Non son eu de dicir “xa cho dixen”. Pero o caso é que non foi a única, que fun eu facer o paseo do colesterol e estaba a area cheíña de xente e incluso había “aljúns” metidos na “auja”. Ai mamasiña, non haberá tempo... Claro, estarán “ajora” todos con gripe. Eu como teño a garganta clara, e perfeta, vou ir hoxe ás comparsas do Grove e mañán as de Vilagarcía. A cantar ben alto!. 

DAQUELES BAÑOS VIÑERON ESTAS GRIPES

Te puede interesar