De festa en festa

Estou enjanchadísima ás noticias que saen no Diario sobre a polémica esta das datas da Ameixa. Eu díjovos unha cousa, como muller de mar que son e amija da papatoria boa, daríame moita pena que esta celebración se perdese. Eu vou todos os anos á Alameda de Carril coa miña comadre a ver como nomean os novos donos e cabaleiros. Eu a verdade que espero que se solucione todo e que poidamos estar en todas as festas que hai en Vilagarcía esa fin de semana, que todas teñen o seu aquel.
Eu de momento xa me estou poñendo a tono para non perder unha festiña en todo o verán. Onte fun ata Cambados e alí estiven todo o día, terra do meu finado Benitiño. Pola mañá fun dar unha voltiña por San Tomé donde había unha dorna moi xeitosiña. Aiii... moito me justan a min as cousas do mar...  e pola noite achegueime ata Vilariño, ata a bodega Martín Códax. Empezaban os ciclos de concertos que se fan alí naquela terrasa preciosa... que ben estivo! Moito me justou!

De festa en festa

Te puede interesar