• Sábado, 23 de Septiembre de 2017

De procesión por Santa Uxía

Onte fun a Ribeira. Maruxa empeñouse en ir á procesión de Santa Uxía e non me quedou outra.

Onte fun a Ribeira. Maruxa empeñouse en ir á procesión de Santa Uxía e non me quedou outra. Fíxeno por ela, porque vaime saír ben cara a viaxe. Non me vai quedar outra que facer empanadas e aljunha comedela para o meu xenro, que ofreceuse a levarnos, pero a cambio de cociñeira. Se fora por min ía en autobús, pero non hai maneira, oes! Nin siquera unha motora para cruzar a Ría. Pero bueno, a verdade é que paseino ben pordque había alí unha festa moi jrande, aínda que as amijas de Arousa Norte de Maruxa andaban incomodadas porque xa non é festivo local e moita xente ten que traballar. Eu non me meto nesas cousas, pero a ver se se arrejlan e todos contentos. Ao vir de volta mirei a uns chavales o mundo de altos e todos vestidiños ijuales. Vaia intriga pasei ata que o meu neto sacoume todas as dúbidas cando me dixo que eran os xogadores de baloncesto do Joventut, que están en Vilagarcía para participar no torneo EncestaRías, que organizan uns amijos del e que están a traballar o mundo para que todo saia ben. Pois mira, ao mellor vou a ver os partidos.