Despois da tormenta cheja o entroido

DIN QUE DESPOIS DA TORMENTA cheja a calma e iso espero porque o Entroido anda cerca e quero ir ver os desfiles de disfraces e tamén participar coa miña comparsa, Marajota e Media. De feito, xa anda Luisiño de Vilaxoán todo loco para que as cousas saljan de rechupete. Ademais este ano hai máis recompensa e lojo imos facer unha boa comedela con toda a xentiña. Que ben o pasamos nestas datas! O Entroido é moi divertido, é unha festa que non me perdo nunca. Os rapaces tamén o pasan moi ben e, de feito, teño que mirar de facerlle unhas cousas ao traxe da neta pequena, aínda que eu che son máis de tenedor que de agulla, vamos que non me justa moito coser, pero por unha neta.... Xa se sabe. Ademais a ver se lle saco da cabesa o de adoptar un gato. Viu que o Refuxio de Cambados vai faser unha actividade para adoptar e anda loca e claro, aínda non é responsable das súas cousas como para isto. Ter un animal non é unha cousa calquera é aljo serio. 

Despois da tormenta cheja o entroido

Te puede interesar