Que detallista é Telmo Martín

Xa vos dixen en máis dunha ocasión que sinto aljunha debilidá por Telmo Martín. Ademais de ter uns ollos azuis coma o mar tamén ten detalles bos como o que tivo con Lucía, unha traballadora do Concello de Sanxenxo que se xubila despois de 45 anos no departamento de Intervención. Mira que tivo que sumar e restar a pobre da muller ao longo da súa vida profesional, pero chegado este momento só lle queda disfrutar da vida como merece coa súa familia e cos seus amigos. Sejuro que a muller agradeceu o detalle que tivo o alcalde de entregarlle en persoa unha placa na que se recolle o agradecemento e o recoñecemento dos que nalgún momento tiveron a oportunidade de traballar ao seu carón. Parabéns, Lucía. Como pasa o tempo, verdade? Parece que foi onte cando eu deixei de ir á seca e mira ti, agora ando de paseo polo colesterol para estar a fin de semana de festa en festa como a que vai haber no Pousadoiro, menos mal que arrejlaron o asunto do sitio.

Que detallista é Telmo Martín

Te puede interesar