Empeza a tempada dos casamentos

É empezar xullo e veñen todos os casamentos encima. A miña filla xa me dixo que este verán tiña todas as fins de semana ocupadas e enleadas con tanta matrimoniada. Menos mal que hai quen di que a xente nova xa non é de casar! A verdade é que é un día moi bonito, eu moi ben o pasara co meu Benitiño, que en paz descanse. O tema é que onte fun ao salón de peiteados a poñer a permanente e vin nunha revista o casamento do xogador este do Barcelona tan famoso, o Messi. Miñanaiquerida os modelos de roupa que alí vin! Éche ben serto que ajora lévase calquera cousa... A Shakira! Como me iba esa mulleriña? Se o vestido parece que o fixera cun velo e que iba directa á Noite Meiga que fan sempre a final do mes de agosto en Vilagarcía. Eu non descarto que aljén daquí llo copie e lle poña un sombreiro e xa lle vale para ir de bruxa... cousas veredes. Ata me justaba máis aquel co que bailaba o “waka waka”.
Fóra do cotilleo quería aproveitar para ajradecerlle ao meu amigo, Roberto Garrido. El é o presidente dos comuneiros de Noalla e oes, fan un traballo inmenso. Ajora queren aumentar o parque infantil que teñen alí na Revolta. E ben que llo ajradeso, que os miniños teñen que ter donde xojar e nas mellores condicións posibles. Que non se diga! O certo é que a cabeza non lle para e que non queren máis que facer cousas na parroquia. Dende aquí lle mando un abrazo moi jrande.

Empeza a tempada dos casamentos

Te puede interesar