A FALTA DE INJLÉS, BO É O MARISCO E A PAISAXE

AS SEÑORAS MAIORES somos como os caracois: é saír o sol e botámonos á rúa a pasear. Sóbranos o tempo, bueno, cando non hai netos aos que coidar porque, hoxe por hoxe, anda o traballo tan mal que temos que faser de niñeras e do que faja falta e iso que as nosas pensións andan daquela maneira. Bueno, o caso é que por fin deixou de chover  e para imaxe a do paseo de Vilajarsía onte. Había moitísima xente maior camiñando, paresía unha excursión do Imserso e ben que facemos! Por certo, onte estivo a alcaldesa de Cambados, Fátima Abal, en Bruxelas, polo da Cidade do Viño, e que ben falou! Disculpouse ante os presentes –italianos a maioría– porque non sabía italiano e tiña que falar en castelán. Home! Tanto non lle imos pedir á muller, pero a verdade é que os españois andamos fatal de idiomas. Xa o ten dito a Mancomunidade, que anda moito na promoción do turismo, que os turistas estranxeiros da comarca quéixanse de que non se fala injlés. Ajora, una cousa che dijo, ben o compensa o marisco e as nosas paisaxes porque volver, volven eh!

A FALTA DE INJLÉS, BO É O MARISCO E A PAISAXE

Te puede interesar