Fátima Abal, a madriña dos cetreiros

Que ben o pasei. Xa sabedes que vou moito a Cambados e onte fun coa miña amija Maruxa a tomar un café con leite e quedamos parvas ao pasar polo parque de Torrado. Mi madriña querida, non me estraña que escaparan todas as palomas, porque había un espectáculo de cetrería cuns paxaros jrandísimos e presiosos. O mellor de todo é que lle facían caso aos chavales que os levaban e os nenos non paraban de aplaudir e de sacar fotos. Pero cando quedamos parvas foi cando lle meteron uns deses á alcaldesa na man. Que valiente foi, nin siquera dubidou e nin corta nin perezosa puxo o juante e alí se posou o paxariño, que xa vos dijo que non era un canario. Íalle a dicir aljo a alcaldesa, pero Maxuxa, que para o que quere é moi vergoñenta, paroume os pés. Eu non fun, pero contáronme que o alcalde de Vilagarcía estaba o mundo de contento no torneo EncestaRías porque todo foi un éxito. Aléjrome moito polos rapaces que organizan estas cousas porque traen xente á comarca e dan prestixio non só ao baloncesto, senón a todo o deporte.

Fátima Abal, a madriña dos cetreiros

Te puede interesar