Feliz aniversario Cholo!

HOXE VOU DIRECTA ao asunto que nos ocupa. E é que con todo isto do Entroido, do enterro do Liborio e do Donald Trampulleiro case me esquezo de felicitar a Cholo Dorgambide! Si, o que é concelleiro do Partido Popular en Vilajarsía e que levan tantísimos anos en Protección Civil. O de Cornazo seica cumpre 67 anos... Ai, quen os pillara... xa se lle ve que está feito un mozo. Ajora andan todos os da Corporasión liados co tema do Presuposto, pero espero que teña un momentiño esta fin de semana para celebralo como ten que ser... Eu dende aquí aproveito para desexarlle o mellor e que os sija levando así de ben outros tantos anos máis, como mínimo! O que tamén está en boa forma é Ramón Guinarte, o xerente da Mancomunidade do Salnés. Seica está aproveitando as vacasións para facer o Camiño de Santiago pola costa... e como non podía ser doutro xeito sendo el como é do Salnés, na ruta tamén vai incluír a Variante Espiritual. Iso si que é facer país e, de paso, poñerse en forma. Co bonita que é esta comarca e, ás veces, que pouquiño a valoramos...

Feliz aniversario Cholo!

Te puede interesar