Gonzalo Durán quítase un peso de enriba

EN CAMBADOS SON moi innovadores. Hai un jrupo de rapases que puxo en marcha un projrama para que a xente non faga botellón, Noites Mouchas chámase. Ía comezar a semana pasada, pero tiveron que suspendelo por culpa do mal tempo. Están moi activos os cambadeses e máis este ano que son Cidade Europea do Viño. A alcaldesa e o concelleiro de Enoturismo van en Bruselas, non che dijo máis. Tamén anda moi viaxeiro o alcalde de Vilanova, Gonzalo Durán. Leva uns días que non sae da Xunta, de reunión en reunión con conselleiros, e mira ti, esta semana vanlle quitar un peso de enriba porque por fin Fomento vai retirar o pedroulo que caeu no enlace do vial do Porto. E que os veciños de Baión xa estaban fartos de non poder usalo.

Gonzalo Durán quítase un peso de enriba

Te puede interesar