Homes xigantes por Vilagarcía

Non o soñei, non. Os vin cos meus propios ollos. Hai homes xigantes por Vilagarcía, rapaces máis longos que un día sen pan. Levan roupa deportiva, negra e gris. Galegos non son oh. A algúns escoiteinos falar inglés e outros catalán. Estiven todo o día de onte preocupada, pensando en que fan estes homes xigantes no pobo. Ata que me veu buscar ao ambulatorio meu neto. Explicoume que son os xogadores de baloncesto do Joventut, que van a xogar o torneo que organizan os amigos de meu neto por terceiro ano seguido. Outra vez  conseguiron traer aos equipos de primeira división. Nada menos que catro. A estes do Joventut seica os levaron de paseo en barco onte. Ata o alcalde púxose a camiseta desde equipo no Concello na presentación do torneo. Disque xogou ao baloncesto e aínda segue nos veteráns. 
Agora que vin  a estes xigantes, tamén quero velos xogar. Xa lle dixen a meu neto que me leve mañá ao pabellón de Fontecarmoa. Eu de baloncesto non entendo moito, pero gustame miralo. Hoxe, para collerlle o truco, non me perdo o partido de España do Gasol ese.
 

Homes xigantes por Vilagarcía

Te puede interesar