Ladróns que entran e saen do calabozo o mesmo día

UNHA DAS MIÑAS AMIJAS É MARISCADORA e  coma estes días atrás houbo marexada na confraría fun visitala. Seica as cousas están un pouco tensas e que o pósito vai ter que ir a eleccións. Moito me temo que ao patrón maior, José Luis Villanueva, non lle chista moito a idea de quedar sen joberno porque tiña unha cara de non durmir en tres días. Bueno, xa se lle irá pasando o disjusto e a ver se se arrejlan as cousas pronto que como a miña amija hai moitas persoas que viven do mar en Carril. 
As que andan preocupadas son Maruxa e mais a miña comadre porque hai un ladrón solto por Vilagarcía que non para de entrar nas casas e nos bares para coller o que sexa. Teñen medo de que calqueira día entren na casa delas. Din que non teñen moito que roubar nelas, pero que o susto non llo quitaría ninguén. Se os poucos policías que hai na cidade andan detrás del e cando o collen xa queda libre en media hora, xa me dirás ti como é a cousa. Bueno bueno, Laureano Oubiña saiu da cadea para traballar con toxicómanos... En fin, cousas veredes.

Ladróns que entran e saen do calabozo o mesmo día

Te puede interesar