Unhas lampreas para levantar o ánimo

A LAMPREA ESTÁ BEN RICA e levo todo o inverno esperando para poder dejustala. Non vexas que disjusto levei  cando me dixeron que casi non hai e por pouquiño non se celebra a festa. Menos mal que escoitei onte ao alcalde de Pontecesures que van facer todo o posible e que farase ijualmente, pero con menos racións. De feito, só vai haber 400 para todos, e como poucos non seremos, irei á mañanciña, non vaia ser que me quede sen probala. Penso estar na cola antes de que abran o stand, mira ti. De paso que vou aproveito para ir á romaría de San Lázaro, para pedirlle uns favores. A ver se todo isto me levanta o ánimo porque, aquí onde me ves, teño un disjustaso! Resulta que morreu moito marisco onte e, claro, non deixo de pensar nas miñas queridas compañeiras da confraría de Carril. Xa están mal os tempos, como para que che veña unha destas!

Unhas lampreas para levantar o ánimo

Te puede interesar