Os meteorólogos corónanse co Entroido do Salnés

POIS ESTAMOS A BOTARLLE bemoles no Salnés con isto do Entroido. Deron chuvia, se nos descoidamos, para todos os días e, de momento, quen se arriscou a saír quedou ben parado. Que llo dijan ao Concello de Vilagarcía primeiro, que mantivo firma a aposta polo seu desfile a pesares de estar a diluviar unhas horas antes. E que ben lle saíu o conto. E onte os da meteorología daban tamén chuvia todo o día para acolá... Os isleños tivérono claro desde o venres, que xa me dixo un amijo que eles ían saír co desfile de carrosas e que, se tal, que se amedrentase o tempo, que eles non achantaban. E mira ti, foilles ben ijualmente. O mesmiño que en Vilanova, que onte tamén escampou o sufisiente para o su primeiro carnaval de cans e mascotas. Jatos disque non houbo ninjún, pero todo é correr a vos para próximos anos. E por último, o meu tamén querido Vilaxoán, que aljo pinjeou a chuvia, pero moi poquiño, así que non houbo quen nos quitara do entierro da sardiña. Disque dan chuvia para hoxe. E disque vai saír o Momo en Vilanova esta tarde. A ver quen jana desta volta. 

Os meteorólogos corónanse co Entroido do Salnés

Te puede interesar