A moda esta da compostaxe

 CANDO AS COUSAS se fan ben tamén hai que dicilo. Estácheme justando moito toda esta moda da compostaxe que están sejindo os que viven nas vilas e na “ciudá”. Lin no Diario que vai tan ben a cousa que están pensando en ampliar os colectores e todo. Eu xa vos anunsio que iso da compostaxe xa o veño facendo dende hai anos no jaliñeiro que teño na finca da aldea. 
 CANDO AS COUSAS se fan ben tamén hai que dicilo. Estácheme justando moito toda esta moda da compostaxe que están sejindo os que viven nas vilas e na “ciudá”. Lin no Diario que vai tan ben a cousa que están pensando en ampliar os colectores e todo. Eu xa vos anunsio que iso da compostaxe xa o veño facendo dende hai anos no jaliñeiro que teño na finca da aldea. Aínda vivía o meu Benitiño cando sacabamos o esterco para plantar as patacas ou botarlle á terra cando plantabamos tomates. Daquela chamábaselle abono, a secas, pero se lle poñen ese nome moderno pois a min paréseme ben. E se se une máis xente, pois aínda mellor. Hoxe seica vai haber un reparto do abono ese en Cambados. A miña amija Rosita seica vai ir aló, a ver qué me conta. Onte aproveitei que estaba un pouco mellor da jripe para ir ver a Garzón (si, o xuíz). Veu por un acto da Memoria Histórica e eu, que me acordo del de cando foi a Nécora como se fose hoxe, non quixen faltar para quitar unha foto con el. Oes, é máis juapo que na televisión e ata parece que está máis deljado! Un encanto de home!