A bailar aínda que teñas “juanetes”

VAIME A MARCHA. Non é ningunha novidade. Pero ás veces parece que as busco tamén. Non sabedes o que me pasou. Eu estaba tan tranquila en Rey Daviña, mirando uns escaparates que algúns xa están con rebaixas e botando unha ollada para que mañá non me dean “jato por liebre”. Total que andaba eu a pasar o tempo cando fixeime nun rebumbio. E de repente vin moitas cámaras... E que eu cando vexo un foco son como a Obregón. E resulta que había unha parella, un mozo e unha moza, que andaban a facerse fotos con todo o mundo. Levaban máis ben pouca roupa. Ela levaba unhas medias “caladas” que non son moito para esta época, a verdade, pero quedábanlle ben. Tiña boas pernas que “ajora” lévanse moito os corpos esqueléticos e a min paréceme máis bonita a carne. Os ósos “pra” os cans, que dicía miña nai, que en paz descanse. Total que me lío. Ela levaba tamén unha corbata co lazo frouxo e el, en cambio, levaba un traxe que deixaba o peito todo ao descuberto. A min xa me da medo que o alcalde tome nota. Era unha parella ben riquiña. Ata se fixeron fotos cun policía local que non paraba de mirar as pernas da rapaza. E a que non sabedes por que estaba por aquí esta parella tan simpática? Eu xa tiven que preguntar, e como estaban as miñas “amijas” periodistas xa me contaron. Resulta que van facer un espectáculo de baile. Ai, co que me gusta bailar! Aínda que teña “juanetes”. Isto non mo perdo. Vaiche boa!.

A bailar aínda que teñas “juanetes”

Te puede interesar