Bailes e bufandas nos colexios polo Día da Paz

ONTE PASEI POR VILANOVA e topeime cun ambientaso jrandísimo no pavillón. Resulta que case mil rapaces bailaban e facían mil cousas con motivo do Día da Paz. Como me justan a min esas cousas, que a chavalería medre con bos valores. O malo é que cando cheja unha edá, aljúns tórcense e non fan máis que trastadas, pero bueno. E mira ti por onde, que cando fun de volta para Vilagarcía, topei coa miña amija María. Lioume e fun con ela a buscar o neto ao Piñeiriño e veunos cunha bufanda que fixeron na escola, tamén polo Día da Paz. Que cousa bonita, Dios mío. O que anda preocupado e un dos meus netos. Jústalle o Arosa coma a un rapás unha piruleta e seica non dan fichado un dianteiro para que meta os joles. Di que o equipo é bo e que se colle outros xojadores mellores podería disputar a fase de ascenso a non sei que sejunda. Seica, coma din en Cataluña, a pela é a pela, e o presidente non quere estirar máis o pé do que dá a manta, non vaia a ser que a cousa veña torcida e despois en lugar de rir hai que chorar. Bueno, a ver que pasa hoxe...

Bailes e bufandas nos colexios polo Día da Paz

Te puede interesar