Na península

ONTE FUN ATA  a península. A meca, xa sabedes. Debín pensar o mesmo que a presidenta da Deputación, que disque ben alabou o tempo de onte no Grove e a paisaxe que “ofrese” todo o ano. Normal, se e que temos esta comarca chea de vilas con encanto. Por “aljo” no Salnés somos unha “potensia” turística nata. E “ajora” máis aínda, que despois de tantos anos esperando porque “nasera” o primeiro burriño na Toxa, onte por fin púidose ver a “proesa” da “naturalesa”. Era o que nos faltaba, unha mascota como “dios” manda, pero “ajora” xa a temos, a primeira burra “nasida” na localidade. Mira ti, co que deu que falar a “reprodusión” destes animaliños e a “espectasión” que está a levantar, eu coido que podía ser declarada xa animal “ofisial”. De momento, “sejuro” que o que non faltan son os “selfies” de eses, que todos quererán ter a foto co animaliño. Pero, por unha “ves”, a ver se hai sentidiño e os tratamos todos un pouco ben, que de cando en cando aínda se ven bestialidades por estes lares. E non “presisamente” das bestas. Que “aljún” é peor que elas. 

Na península

Te puede interesar