E no medio das nubes saiu un sol fermoso e repoludo

HOXE ESTOU MOI CONTENTA.  Facía tempo que non chovía e onte, por momentos, caíron chuzos de punta. Oes, non pensedes que me justa andar á chuva coma unha parva, pero boa falta fasía que estaban os embalses pola metade. Ademais, a ajua dá vida e nalgúns casos unhas vidas moi fermosas. Pois mira ti por onde que no medio das nubes saiu un sol, unha estrela brillante que iluminou por completo a faciana do fotógrado do Diario. Gonzalo Salgado foi pai onte dun neno repoludo e que xa namora só con velo. Hei de decirvos que a nai, Nuria, está ben. Vaia felisidá cando nace un novo neno. Xa miro eu ao bo de Gonzalo a correr dun lado para o outro, a cambiar pañales e a interpretar que significa cada choro dese rapasiño que vai a ser a ledicia da casa. Sejuro que o que non lle vai a faltar van a ser fotografías de todas clases. Vai ter un buk máis jrande que o de Yustin Biber. No Diario, xa sabedes que teño moitos amijos alí, tamén están moi contentos. Bueno, o importante é que todo saiu ben e que os pais están cheos de ilusión. Non sijo que me emociono... 

E no medio das nubes saiu un sol fermoso e repoludo

Te puede interesar