Os noruejos acertan máis que Pemán

CHEJADA A UNHA IDADE unha pensa que xa o viu todo, pero vai ser que non. Resulta que estaba onte toda a comarca alporizada pola choiva e por saber se suspendían ou non os desfiles de Entroido projramados. Eu xa lle dixen á miña comadre... Vai chover! E que eu, outra cousa non, pero o tempo véxoo todos os días... para min é unha relixión diaria. O conto é que os do Jrove viron como viña o percal e decidiron que non, que non se desfilaba. Que a ver se o día 11 a cousa vai mellor e xa aproveitan tamén para enterrar a sardiña. Eu xa non contaba con saír da casa en toda a tarde, pero en Vilagarcía que non, que non suspendían. A consejala de Cultura, Sonia Outón, consultou cuns noruejos e seica lle dixeron que non ía chover. Que seica ía escampar entre as catro e as sete e que así saía o desfile. E oes, asertaron! Tarde de sol e todo. Se ao final os noruejos va ter máis tino que Pemán.

Os noruejos acertan máis que Pemán

Te puede interesar