O voo de Fraga

Mimadriña a que se liou onte en Cambados! Pois deume por aí, dir dous días sejidos por aló, e menos mal, se non perdía a imaxe do ano. Eu vía un jrupo de xente aló por Torrado e, tanto estar entre xornalistas, pejáronme un pouco o de estar a todas. Ben, iso e o ser unha cotilla. 
Aínda me estaba asercando, que a idade é o que ten, fai os prólojos máis longos; cando vexo saír a Fraga voando! E non estaban a quitar a estatua que lle puxeran alí hai uns anos, coa copa de albariño, a capa e todo? Pois si, aló estaban, alcaldesa e concelleiros e unha ducia de persoas. E ata foi emosionante, porque acabaron cun aplauso cando a escultura terminou enriba dun camión. Chascarrillos tamén houbo polo medio: Que se a rúa xa non era del, por aquilo de “la calle es mía”; que si “vuela, vuela”, polo da cansión... Pero claro, a cousa o mesmo contentou a uns que cabreu a outros. Porque Fraga era o que tiña: Espertaba paixóns, boas ou malas, pero non deixaba indiferente a ninguén. 
Creo eu que a cousa vai sejir quentiña uns días con este asunto. Ao final verase a quen lle da máis votos: Se á esquerda que di que a estatua non volve mentras sija no goberno, ou á dereita, que moi ben non lle parese o tema.

O voo de Fraga

Te puede interesar