Una operación para a palmeira de Ravella

Onte fun de manifestación cos emigrantes retornados, que estaban moi contentos porque Adelina, unha das afectadas, recibiu unha carta do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia na que lle daba a razón no litixio que mantén con Facenda para cobrar os seus cartos. Estaban todos felices porque despois de moito tempo xa teñen unha ventá aberta para recuperar o que lles pertenece. A cousa serviume para andar un pouco e non ir todos os días polo paseo do colesterol, porque sempre somos os mesmos e a decir verdade ás veces ata quedo un pouco mal ao non poder correr tanto como corren aljunhas das miñas amijas. Por certo, a palmeira de Ravella seica está enferma. Contáronme as miñas amijas periodistas que van a ter que operalo e todo. Eu non sei que lle pasará, pero xa estou tan afeita a el que non sei que me daría que o tiveran que cortar. Xa verán os xardiñeiros todo o que lle teñen que facer, pero para diso sabe moito  Marita, unha amija que teño eu en Caldas que ten un xardín la mar de bonito e di que é todo a base de cariño. A ver se vai estar falta a palmeira de Ravella. 

Una operación para a palmeira de Ravella

Te puede interesar