Ovos fritos con chourisos

Levo dous días que non podo conmijo. Como xa vos comentara o domingo fun ata Pontecesures coa miña comadre para inaugurar a temporada das festas gastronómicas. Xa sabedes que eu son moi amija desas cousas e oes, se o bo tempo acompaña moito mellor. Saímos da casa ás nove da mañá e aproveitamos a pasar por San Lázaro e collerlle unhas rosquillas a Mari Carmen, que está en todas as romerías da redonda. Moito me justan! Pero das de hoxaldre non eh? A min jústanme as jrandes, as que se mollan no viño de toda a vida. Ou vou andar ajora a esta idade a privarme de aljo?
É certo que xa me dixo o meu médico de cabeceira que me tiña que privar un pouco, que xa non está o corpo para sustos. Foi por iso polo que o domingo desidín ir a Pontecesures e non a Adina, a Sanxenxo, que janas non me faltaban. Cando vin ao alcalde, Gonzalo Pita, e ao concelleiro Daniel Fernández con cadanseu prato de ovos fritos con chouriso... que envexa me deron! Eles, claro, inda son mozos novos e o corpo ajuanta, pero eu xa non estou para esas comedelas.
O caso é que o pasei de medo en Pontecesures. Que boa estaba a lamprea e que bo ambiente había. Ata aproveitei para falar co alcalde, con Juan Manuel Vidal Seage, que vos é moi mozo. É que eu dende a Lamprea do ano pasado non volvín por Pontecesures e daquela había unha rapaza na alcaldía... cousas da política, xa sabedes, que hoxe está un e mañá a saber quen está... 
O tema é que comín a fartar e onte tiven que repetir dúas veses a ruta do colesterol. O corpo as fai, o corpo as paja.

Ovos fritos con chourisos

Te puede interesar