Para cando esas navallas?

“Ijual” xa vos falei “aljunha” “ves” do meu “amijo” Alfonso Padín. É moi boa xente, “amijo” dos seus “amijos” e hoxe quero mandarlle unha aperta porque acaba de “faser” anos. E o  condenado que ben está! Como se conserva! É coma o viño, cantos máis anos pasan por el, mellor lle vai. Pois o Alfonso prometeume xa hai tempo unhas navallas, que el vai a elas a miúdo. Pero “sijo” esperando, a ver para cando mas prepara. Deséxolle moitas “felisidades”  
e invítoo a vir ata “Vilajarsía” para tomar “aljo” e “selebralo” que “sejen” as festas e hai moito que ver e que “faser”. E iso que onte pasóucheme “aljo” ben curioso. Fixen unha cola “larjísima” na “plasa” de “Jalisia” porque vin a moita xente “ajardando” por “aljo” e eu dixen “ha de ser comida” que son moi larpeira e vaime moito o “dóse”. Que “disjusto” levei cando vin que “rejalaban” camisetas. A miña xa lle quedou ao que viña detrás. 

Para cando esas navallas?

Te puede interesar