Para terse matado!

Onte foi un día de tolos, xa volo dijo así. Xa se torceu a cousa dende primeira hora da mañá. Xa sabedes que eu son de madrujar e de ter todo preparado... Eran as dez e eu xa tiña as patacas e o repolo preparados po caldo, que viña a miña filla a comer á casa e como lle justa tanto... pois xa tiña a pota ao lume e ala, alá vai a lus! E claro, como na última reforma da cociña me puxeron a vitroserámica esa... timbreille á vesiña para prejuntar e díxome que a ela a deixara co secador na man e ca lavadora a medio traballar. Se é que o que dependemos da lus hoxe en día nono sabemos ata que pasan averías coma esta! Antes con catro velas xa nos arrejlabamos e o pelo ben que secaba ao aire... o caso é que cando chejou o meu neto díxome que lera no Diario que o apajón era en media Villajarsía porque uns que están a traballar na finca de Megasa, donde van poñer o Alcampo, tiraran cunha liña de media tensión. Ai mamasiña a desjracia que puido ter pasado! Hai que andar con ollo!
 

Para terse matado!

Te puede interesar