Parece que estamos en elesións!

LEVAMOS UNHAS SEMANAS  de jran movida política. Parece que estamos en elesións! Se o alcalde de Vilajarcía visitaba nestes días aos veciños de Aldea de Arriba, onte en Vilanova houbo un desplieje de políticos que nin que foran dar un mitin. Ao parecer ían a visitar unha obra portuaria, que seica me dixeron leva xa un tempo rematada, pero benvidas sexan todas as obras e tamén as visitas. Sejuro que lojo o alcalde Gonzalo Durán lles invitou a un pincho que eche moi cumprido. Non estaba na ruta Tomás Fole que estaba dando unha rolda de prensa e contou aljún dos seus pinitos en Madrid aos meus amijos periodistas. Seica non puido rematar un discurso que tiña preparado porque non lle deu o tempo e mira que o levaba preparado o pobre. Non te preocupes Tomás, iso nos pasa os que somos faladorciños coma min.

Parece que estamos en elesións!

Te puede interesar