O presidente volve a Ribadumia

Non vos vou enganar, eu nunca fun de madrujar moito, e menos dende que estou xubilada. Antes, cando ía á seca, non me quedaba outro remedio, pero a xubilación algunha cousa boa tiña que traer, aparte das excursións do Imserso. É por iso que é moi pouco probable que me cruce un día destes co presidente do Joberno. Si, con Mariano. El é dos que madrujan, e moito, para ir a andar. Xa me comentaron uns familiares que teño en Ribadumia que xa volve a estar polo Salnés. Mira que lle justa a este home esta terra... e non me extraña.... como se vive aquí non se vive en ningún lado. E xa non falamos de comer... Pois o home volveu madrujar onte para ir á Ruta da Pedra e da Auga, a un ritmo que xa quixeran moitos mozos de vinte anos. Non sei moi ben se quedará moitos días. Seica o luns hai unha camiñata dos populares á Armenteira e ijual o podo ver por alí. Porque eu, á Romería das Cabezas, non falto. Iso si, o da andaina pola Ruta é mellor para xente máis nova.

O presidente volve a Ribadumia

Te puede interesar