Retiradas e convalecencias

POIS DISQUE SI,  que se vai Fredi Bea do Concello de O Grove. Eu ao prinsipio non o cría moito, pero parese ser que si. Aínda que ben, el di que marcha, pero non de todo. Iso está ben, porque a quen estivo tanto tempo en primeira liña váiselle botar de menos. Eu creo que ben levaba xa uns des aniños nestas lides. A ver en que queda. Quen anda mal é Richard Santamaría, o de Ahituvi. Xa hai un tempiño que non o vexo, pero onte dixéronme que anda lesionado o home, un esjinse ou aljo así. Ten que ser mala a cousa, que presentaron unha ruta das tapas e non puido ir pola lesión. A ver se se mellora, senón tranquilos, que as papo eu todas. Eu, o que sexa por apostar pola cociña e a hostelería local, se hai que sacrificarse, sacrifícome. Andan tamén en Cambados a voltas coa promosión, pero alí, de momento, non de tapas, senón de viño. Isto da Cidade Europea do Viño estalles dando moito traballo, onte seica decoraban unha rotonda para darlle a benvida ás delegacións estranxeiras e aos turistas. A min paréseme ben, pero co albariño que non me acaben, senón a ver con que hei baixar tanta tapa.

Retiradas e convalecencias

Te puede interesar