Senadora, diputada, concelleira e... modelo

ONTE FUN NAVEJAR. Pero non polo mar adiante, senón por internet. Son vella, pero moderna, e coa axuda dos meus netos non hai web que se me resista. O conto é que quería buscar un sitio onde aprender novas técnicas para coser. Non, non pensedes que non sei faser un zurcido, que máis de un teño arrejlado, o que pasa é que quería curiosear algunhas cousas de costureira. Nesas, fun parar nunha páxina que se chama mamacosesola, na que salían unhas modelos presiosas. Menos mal que a miña neta é avispada, porque eu non me daba conta, e iso que levaba as jafas. Esa que sae na foto non é Paz Lago, a do PP de Sanxenxo?, prejuntoume. E si, claro que era ela. Mimadriña querida que juapa estaba esta mosa e que arte tivo para posar e saír na foto. Mira ti o que son as cousas, a política está como está e claro ata as senadoras, as diputadas e as concelleiras teñen que buscar ocupasión. Bueno, despois entereime que foi por botar unha man... Que boa rapasiña é.

Senadora, diputada, concelleira e... modelo

Te puede interesar