A Señora Carmen

 Que ben levan os anos Tania García e Tomás Fole

CHEJA A FIN DE SEMANA e teño janas de festa. Hei de erguerme cedo para ir ao mercadillo e mais á praza de abastos, que quero comer peixe e, se vos dijo a verdá, non podo pasar sen relear coas peixeiras para ver se me rebaixan uns céntimos. Elas, que son moi cucas, xa me din de máis para deixarme contenta despois do releo. Pensan que non me dou conta, pero si e non me importa. Despois tomarei un cafesiño, vaia a que se montou cos cafés dos políticos, e a correr para a casa que teño moitas cousas que faser e pola tarde quero ir pasear e dar unha voltiña pola comarca. Onte, co conto de que aumentou a familia no Diario de Arousa, esqueceume felicitar a Tania García, a portavoz do goberno socialista de Vilagarcía que estivo de cumpreanos. Moitos parabéns, Tania. Dá igual os que cumpriras porque estás feita toda unha moza. E mira ti por onde, cousas da vida, hoxe tamén está de aniversario Tomás Fole, o flamante deputado e voceiro do Partido Popular tamén en Vilagarcía. Felicidades, Tomás. Pásao en jrande, porque os anos estás a levalos moi ben. 

A Señora Carmen

Te puede interesar