A Señora Carmen

AÍNDA NON ERAN as nove e xa estaba eu no Ramal esperando polo tren. En Vilajarcía sempre fomos moito de tren, pero a verdade é que o recibimento despois de case dous anos de espera foi bastante frío. Eu cria, parva de min, que o Porto ía repartir banderiñas, que as rosquilleiras ante tal evento ían a poñerse ao logo da fachada marítima e que non podía faltar a polbeira, pero nadiña diso. Con dicirvos que tiña unha banderiña no bolso, dun mitin ao que fun, pero non me atrevín a sacala. Tamén vos digo que co bombo que se lle deu ao paso da  locomotora ben lle podían dar un “manjerazo” antes de sacala porque estaba ben sucia. Para acto o de Carmela Silva o outro día en Noalla con motivo da clausura das escavacións da Lanzada, os comuneiros prepararon un pincho no que non faltou de nada. Así da justo!

A Señora Carmen

Te puede interesar