TALENTO E ESTILO PARA CONQUISTAR

HAI TANTAS BURRADAS que cando unha escoita unha boa nova case dan janas de facer festa. E resulta que nós temos dúas. Dúas mozas, moi noviñas, de Vilagarcía, emprenden o camiño para conquistar o mundo. Unha dela chámase Tamara Balsa e ten moito, moito, estilo, a parte de ser “juapa” claro. Resulta que se presenta a Miss Word España, que é o mesmo que Miss España, pero con outra marca. Xa “jañou” Miss Pontevedra, pero o mellor de todo é que ela o que quere é ser mestra. Da gusto con xente así que todavía ten ilusión por formarse e, sobre todo, por formar aos demais. A outra é Laura Vidal, unha nena de Carril que se presenta ao concurso La Voz. Púxome o meu neto o vídeo co que participa e aínda teño a pel de galiña con esa voz que ten esa rapaza. A canción era de Lady Gaga. Que eu non sabía que cantaba, pero cando escoitei o tema na boca desa rapaza déronme ganas de mercar todos os casetes. Pero é que, como di a miña “amija” de Badajoz, “de casta le viene al galgo”. 

TALENTO E ESTILO PARA CONQUISTAR

Te puede interesar