Con tanto sol hai que ter coidado cos resfriados

ATA O CUARENTA DE MAIO NON TE QUITES O SAIO. Non paro de decirlle estas cousas aos meus netos, non vaia a ser que con estes raios de sol pensen que xa chejou o verán. A verdade é que queima un pouco cando vou polo paseo do colesterol coas miñas amijas e tamén vexo que moitos da miña quinta e máis novos aproveitan para tomar o sol na praia sen darse conta de que despois destes calores virán os resfriados. Bueno, que cada un faja como vexa. Mimá, non sei que pasaría onte á noite que fun a Catoira. Esco.itábanse gritos por todas partes e a cantar joles e resulta que o meu xenro, que o volvín a liar para que me viñera a buscar, díxome que o Celta pasou aos cuartos de final da Europa League e que en Catoira estaban contentos porque o porteiro é dalí. Eu, a verdá, non che entendo moito de fútbol, só o que me contan do Arosiña, que este ano vai ben, pero aléjrome polo rapás. Ala, tede coidado co sol destes días e abrijarvos á noite que despois veñen os catarros.

Con tanto sol hai que ter coidado cos resfriados

Te puede interesar