Telmo Martín volve a ser alcalde

Eche ben certo o dito ese que di : “Cada casa é un pueblo”. Mira que me dixeron que Gonzalo Pita estabao a pasar fatal cos socios do tripartito, que perdera a ilusión de gobernar Sanxenxo e todo. A min a verdade é que o lío que se montou con Luis Rocafort tampouco o vin ben, pero como Pita é un home tranquilo non parecía estar tan a disgusto e ata parecía que o levaba ben. Menos mal que apareceu Telmo Martín para devolverlle a ilusión por gobernar Sanxenxo e formar un novo goberno. Xa firmaron un pactoben completo e con obras a barrer. A verdade é que foron rápidos como chipas, aínda parece que foi onte cando estaban tan felices e mira ti xa están outros no goberno. A miña prima Maruxa está moi contenta porque ela é moi telmista e di que ese pacto xa se tiña que facer hai dous anos. Gústalle porque é moi guapo pero tamén porque é moi resolutivo. Mira ti, que a min Telmo Martín non me cae mal, ben o sabe dios, pero tamén me gustaba moito Sandra Fernández Agraso, David Otero e  Maxi González. Pero bueno a política é así, polo que só quero desexarlle o mellor ao novo goberno polo ben dos veciños de Sanxenxo. Se ao fin ao cabo trátase de gobernar e non de facer amigos.

Telmo Martín volve a ser alcalde

Te puede interesar