Tempo de reencontros

A NOSTALXIA NON É COUSA DE MOZOS. Aínda que tamén é certo que o dos anos é unha cousa moi relativa e hai xente que naceu hai nada é xa e vella e outra que xa ten unhas cantas décadas enriba e está coma nunca. Así vin eu a varios dos “mozos” que estiveron este sábado de reencontro. Levan xa moito tempo facendo unha “quedada”, como lle chaman “ajora”, para recordar os tempos mozos e botar unhas risas. Refírome aos exalumnos do Instituto Laboral, á promoción do 57. Seica “aljúns” non puideron asistir porque están lonxe pero hai outros que non se perden unha. E para o sábado que vén ao parecer xa hai outra montada, con outra promoción. Disque non tes “janas” de reencontros ata que van pasando os anos. Eu teño claro o sitio onde me gustaría facer unha festa para recordar os anos mozos. No Balneario da Compostela!. Cantos bos momentos teño pasado alí. Bailando nos guateques co meu Benitiño. Ata teño ido a “aljunha” voda. Que vistas naquel balcón. Espero volver a velo ben.

Tempo de reencontros

Te puede interesar