Todos a bailar ao parque do Castriño

Xa teño plan para o 29 deste mes. Resulta que onte ao mediodía, cando viña do mercado, volvín para a casa cruzando O Castriño. Ajora seica lle chaman o Valdés Bermejo, pero é ese parque tan bonito que temos en Vilagarcía. Pois pasando por alí resulta que estaban as concelleiras Sonia e Paola xunto con dous rapaces presentando un festival. Seica vai haber música da terra, obradoiros de tarrañolas e concertos. Eu xa tracei coa miña comadre de ir comer alí que seica van poñer mesas e cadeiras para todos. E se fai a calor que fixo estes días o sitio é inmellorable Así dá justo. Unha moi boa idea, si señor. Cando as cousas se fan ben hai que dicilo.  Eu eu xa vos dijo que, de moza, era moi boa tocando as tarrañolas. Ajora xa me defendo un pouco menos, pero ijual me animo ese día a tocalas ou incluso a bailar unhas pezas. Que vale, este corpo xa non está para moitos trotes, pero cando a festa tira... o que eu dijo, a cabra tira ao monte!

Todos a bailar ao parque do Castriño

Te puede interesar