Un descanso unha vez ao ano

Estes días non vos ando moi fina coas historias. Está a cousa ben paradiña. Como se nota que anda a xente de vacacións e que só pensa en descansar. Cando saín da casa a dar unha volta onte despois de comer non había unha alma no centro de Vilagarcía. Ata pensei que se acabara o mundo... Non foi ata iso das oito cando todo o mundo se botou fóra das casas. Eu crusaba pola Praza de Galicia camiño de Castelao e vin pasar a procesión do Santo Enterro. Fixeime, claro que me fixei. Vin a Tomás Fole moi elejante, e tamén ás concelleiras do PP Elena Suárez e Rocío Llovo. Tamén a Cholo. Eles nunca faltan, éche ben certo. Nin no joberno nin na oposición. Alí, ao lado do capitán da Guardia Civil que ía co seu tricornio e todo vestido de gala para a ocasión. Mira que había xentiña a mirar!
Aproveito tamén para dicirvos que hoxe descanso. Non sei se sabedes que non hai periódico mañá e eu, humilde colaboradora desta sección, pois tamén teño o día libre. Eu xa o digo, hai que deixar descansar un pouquiño aos amijos periodistas, que xa lle dan á tecla todos os días do ano. Volvo o domingo, non temades!

Un descanso unha vez ao ano

Te puede interesar