Un paseo pola Pragueira

Vaia por diante que eu non son muller frioleira. Máis ben todo o contrario! A miña filla sempre se sorprende de que nin en pleno inverno leve moita roupa encima e medias, pois só destas que me chegan un pouco máis arriba do xeonllo... debe ser qeu son muller de mar e que do frío sabemos moito e pouco lle tememos. O conto é que pese a que onte fixo un día un pouco nubrado decidín ir dar unha voltiña a Sanxenxo. Máis que nada para ver se vía a Telmo Martín, que hai unha morea de tempo que non o vexo e ben que se lle bota de menos. Onde andará? O caso é que me acheguei ata a praia da Pragueira, porque aínda que ás veces non o pareza Sanxenxo évos moito máis que Silgar... e alí estaban unha chea de periodistas e de políticos levantando a bandeira azul. A min gustoume velos alí, porque é unha praia que me justa moito para mollar as pernas e na que sempre se está moi tranquila... vin por alí a Gonzalo Pita que debe ser algo máis frioleiro ca min, porque era o único que levaba a chaqueta posta.  Debía ter medo a arrefriarse...

Un paseo pola Pragueira

Te puede interesar