A ver se o exemplo de Ramón Piñeiro cunde en Cornazo

HAI QUE VER O BEN que quedaron as beirarrúas que van por diante da residencia. Home, así da justo! Non é a primeira vez que vou eu por esa rúa camiño da estación de tren e levo unha estomballada fina. E unha a esta idade xa non está para esas cousas. Onte comentoume unha amija que vive polos Duráns que estaba o alcalde con toda a comitiva supervisando o lujar seguido dunha recua de periodistas. Eu xa vos dijo que me encanta como quedou o sitio, pero cando vexa ao noso alcalde tan juapo xa lle hei de dicir que a ver se cunde o mesmo exemplo nas beirarrúas que baixan de Lobeira por Cornazo. Aquilo parese tal cual un tobogán dos nenos. Non me extraña que os veciños protesten día si e outro tamén. Está aquilo como para que vaia unha vella coma min e rompa a cadera! E oes, non estou para esas que este corpo inda ten que ajuantar moita festa. De feito, ajora que xa estou mellor da jripe, vou aproveitar mañá ir dar unha voltiña ata Arra, en Sanxenxo, que seica que hai unha festa ben montada. Que si, que me hei de abrijar ben coa bufanda que merquei nas Rebaixas. Non sufrades!

A ver se o exemplo de Ramón Piñeiro cunde en Cornazo

Te puede interesar