• Miércoles, 20 de Septiembre de 2017

Visita en Sanxenxo

Acabou o verán, tamén os excesos das festas gastronómicas. Chega setembro e as miñas boas intencións de coidalo corpo.

Acabou o verán, tamén os excesos das festas gastronómicas. Chega setembro e as miñas boas intencións de coidalo corpo. Non por estética, que xa vou vella, pero si por saúde. Polas mañás vou andar un pouco polo paseo do colesterol ata Carril. Ao ir ben cediño xa empezo a ter frío. Toca tamén cambiar o armario. Gardar a roupa de verán e coller abrigos xa, que baixan as temperaturas. 
Nótanse os cambios en setembro. Hoxe comezan os rapaces no instituto. Quedan as rúas baldeiras en Vilagarcía. As rutinas chegan para todos, nós os xubilados enchemos as mañás coas andainas, tomando un cafeciño lendo o Diario e indo á compra pensando en facela comida. 
En Sanxenxo aínda chega xente de fóra. Onte unha delegación das Azores, aompañados polo presidente do Parlamento de Galicia e a Conselleira de Mar foron recibidos polo alcalde. Telmo, moi atento, ensinoulles a vila e regaloulles unha escultura da madama de Silgar.